martes, 20 de marzo de 2012

PROXECTO JOAN MIRÓ

Neste trimestre estamos realizando un proxecto de Joan Miró. Hoxe fixemos unha reprodución dun dos seus cadros. Aquí Miró pintou unha bailarina co seu tutú vermello e con forma de corazón. A bailarina ten un brazo alzado e baila sobre unha perna. Non ten pelo porque o leva recollido nun moño.
E... Sabedes por que ten a cara de dúas cores ? Pois a verdade é que lle gustaba moito bailar, tanto que bailaba de día e de noite. Por iso, Miró pintou a metade da cara branca ( o día ), e a outra metade negra ( a noite).


1 comentario: