martes, 4 de septiembre de 2012

INICIO CURSO ESCOLAR

Boas peques !!!!! Xa non queda nada para comezar outra vez. Espero que o pasarades ben nas vacacións e veñades cargadiños de enerxía. Vémonos o 12 de setembro.

lunes, 11 de junio de 2012

ACAMPADA DE FIN DE CURSO

Como tódolos anos para despedir aos neno/as de 5 anos celebraremos unha excursión. Dado o éxito que tivo a acampada do ano pasado, este curso pensamos en repetir a mesma experiencia. Por iso,o día 15 de xuño iremos ao camping da Freixa (Puenteareas ). Esperemos que a climatoloxía nos deixe disfrutar do día.

SEMANA DA FAMILIA

Do 28 de maio ao 1 de xuño celebramos outro ano máis " A Semana da Familia ". Durante estas xornadas algunhas nais e pais ensináronlles aos cativos a facer manualidades, quitáronlles sorrisos cun guiñol e mesmo montamos unha perruquería na aula. Moitas grazas a todos por participar e lembrade que as portas da escola están abertas en todo momento!!