jueves, 8 de noviembre de 2012

DEBIDO AO TEMPO NON CELEBRAREMOS O MAGOSTO MAÑÁ, VENRES, COMO ESTABA PREVISTO.
SE É POSIBLE FARÉMOLO O VINDEIRO MARTES, 13 DE NOVEMBRO.
NO CASO DE QUE TAMPOUCO SEXA POSIBLE E TEÑAMOS QUE SUSPENDER DEFINITIVAMENTE A ACTIVIDADE DEVOLVERÉMOSLLES OS CARTOS DO AUTOBÚS.

miércoles, 5 de septiembre de 2012

REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO

O vindeiro luns, 10 de setembro, faremos unha reunión ás 10:00 para tratar temas como; o funcionamento do centro, obxectivos, normas, período de adaptación,...
Esperamos que poidades asistir. Un saúdo.


martes, 4 de septiembre de 2012

INICIO CURSO ESCOLAR

Boas peques !!!!! Xa non queda nada para comezar outra vez. Espero que o pasarades ben nas vacacións e veñades cargadiños de enerxía. Vémonos o 12 de setembro.

lunes, 11 de junio de 2012

ACAMPADA DE FIN DE CURSO

Como tódolos anos para despedir aos neno/as de 5 anos celebraremos unha excursión. Dado o éxito que tivo a acampada do ano pasado, este curso pensamos en repetir a mesma experiencia. Por iso,o día 15 de xuño iremos ao camping da Freixa (Puenteareas ). Esperemos que a climatoloxía nos deixe disfrutar do día.

SEMANA DA FAMILIA

Do 28 de maio ao 1 de xuño celebramos outro ano máis " A Semana da Familia ". Durante estas xornadas algunhas nais e pais ensináronlles aos cativos a facer manualidades, quitáronlles sorrisos cun guiñol e mesmo montamos unha perruquería na aula. Moitas grazas a todos por participar e lembrade que as portas da escola están abertas en todo momento!!

lunes, 26 de marzo de 2012

OUTROS ARTISTAS

Ademáis de Miró coñecimos a outros artistas. Neste caso, disfrutamos coa técnica de Jackson Pollock, pero nós pintamos con bólas.


martes, 20 de marzo de 2012

PROXECTO JOAN MIRÓ

Neste trimestre estamos realizando un proxecto de Joan Miró. Hoxe fixemos unha reprodución dun dos seus cadros. Aquí Miró pintou unha bailarina co seu tutú vermello e con forma de corazón. A bailarina ten un brazo alzado e baila sobre unha perna. Non ten pelo porque o leva recollido nun moño.
E... Sabedes por que ten a cara de dúas cores ? Pois a verdade é que lle gustaba moito bailar, tanto que bailaba de día e de noite. Por iso, Miró pintou a metade da cara branca ( o día ), e a outra metade negra ( a noite).


martes, 13 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller traballadora. A seguinte actividade xurdiu porque algúns dos cativos non eran conscientes do traballo que realizaban as súas nais na casa. Entón decidimos realizar algunas desas tarefas.


XOGAMOS Á MARIQUITA

No mes de febreiro xogamos á mariquita. Aínda que a algúns nenos/as nos custou un pouco, pasámolo xenial.

DESFILE ENTROIDO


lunes, 6 de febrero de 2012

PLANTACIÓN

O martes 24 de xaneiro fomos plantar castiñeiros coas aulas de Entenza e 3 anos B de Esfarrapada. Aproveitamos tamén esta saída para disfrutar dun almorzo no Borralliño.

miércoles, 4 de enero de 2012

Soamente faltan uns días para que rematen as vacacións de nadal. Vémonos o 9 de xaneiro!!!

FESTA DE NADAL

Outro ano máis celebramos o Nadal xunto coas outras aulas do CRA. Participamos en diferentes talleres(maquillaxe, música, xogos, cine,...) e tivemos a visita do apalpador!!!

O XOGO DO PANO

Como sabedes o xogo é moi importante na etapa de Educación Infantil. Pois ben, nestes días estivemos aprendendo a xogar a algún dos xogos tradicionais. A ver si adiviñades de que xogo se trata???

DESEXOS PARA ESTE CURSO

Despois de que as familias nos trasmitisen os desexos que tiñan para o presente curso escolar fixemos unha exposición coas imaxes nas aulas de Esfarrapada.