Neste trimestre estamos realizando un proxecto de Joan Miró. Hoxe fixemos unha reprodución dun dos seus cadros. Aquí Miró pintou unha bailarina co seu tutú vermello e con forma de corazón. A bailarina ten un brazo alzado e baila sobre unha perna. Non ten pelo porque o leva recollido nun moño.
E... Sabedes por que ten a cara de dúas cores ? Pois a verdade é que lle gustaba moito bailar, tanto que bailaba de día e de noite. Por iso, Miró pintou a metade da cara branca ( o día ), e a outra metade negra ( a noite).
martes, 20 de marzo de 2012
martes, 13 de marzo de 2012
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller traballadora. A seguinte actividade xurdiu porque algúns dos cativos non eran conscientes do traballo que realizaban as súas nais na casa. Entón decidimos realizar algunas desas tarefas.
XOGAMOS Á MARIQUITA
No mes de febreiro xogamos á mariquita. Aínda que a algúns nenos/as nos custou un pouco, pasámolo xenial.
jueves, 23 de febrero de 2012
jueves, 9 de febrero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


