lunes, 26 de marzo de 2012

OUTROS ARTISTAS

Ademáis de Miró coñecimos a outros artistas. Neste caso, disfrutamos coa técnica de Jackson Pollock, pero nós pintamos con bólas.


martes, 20 de marzo de 2012

PROXECTO JOAN MIRÓ

Neste trimestre estamos realizando un proxecto de Joan Miró. Hoxe fixemos unha reprodución dun dos seus cadros. Aquí Miró pintou unha bailarina co seu tutú vermello e con forma de corazón. A bailarina ten un brazo alzado e baila sobre unha perna. Non ten pelo porque o leva recollido nun moño.
E... Sabedes por que ten a cara de dúas cores ? Pois a verdade é que lle gustaba moito bailar, tanto que bailaba de día e de noite. Por iso, Miró pintou a metade da cara branca ( o día ), e a outra metade negra ( a noite).


martes, 13 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller traballadora. A seguinte actividade xurdiu porque algúns dos cativos non eran conscientes do traballo que realizaban as súas nais na casa. Entón decidimos realizar algunas desas tarefas.


XOGAMOS Á MARIQUITA

No mes de febreiro xogamos á mariquita. Aínda que a algúns nenos/as nos custou un pouco, pasámolo xenial.

DESFILE ENTROIDO