jueves, 18 de noviembre de 2010

O MAGOSTO

O día 5 de novembro tódalas aulas do CRA Raíña Aragonta fomos ao monte " O Borralliño " para celebrar o magosto.
Ao chegar ao monte buscamos un bo lugar para deixar as nosas pertenzas e mentres as castañas se asaban divertímonos moito correndo polo parque e participando en diferentes xogos; carrreiras de sacos, come- castañas,...
E, como en todo bo magosto, unha vez que se apagou o lume e só quedaba a cinza e os tizóns había que pintar a cara. É o máis bonito e divertido da festa!

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Samaín

A semana do 25 ao 29 de outubro celebramos " O Samaín ".
Para poder levar a cabo dita celebración foi necesaria a colaboración das familias, xa que cada neno/ a tiña que traer unha cabaza decorada para facer unha exposición.
Durante a semana fomos decorando a aula con morcegos, vampiros, teas de araña,.. Tratamos de convertir a escola nun castelo de terror.
O gran día foi o venres, xa que acudimos disfrazados á aula e fixemos unha magnífica festa.
Algún dos máis pequenos non escondeu o seu medo ao non poder identificar aos seus compañeiros.
E, como todos temos algún tipo de medo, para rematar a xornada fixemos unha " poción quitamedos ".